O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) e a Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal) desenvolve unha nova xornada técnica centrada na vixilancia sanitaria das ADSG de Galicia, enfermidades e aplicacións informáticas. O evento levarase a cabo o 5 de novembro en horario de tarde (de 15:30 h a 19:50 h), no Edificio Multiusos do municipio coruñés de Arzúa.
A cita está destinada ás personas vinculadas ou con expectativa de incorporación aos sectores produtivos da agricultura, gandería, industria agroalimentaria ou a cadea forestal. O obxectivo é informar aos profesionais implicados sobre os traballos que se realizan na liña de investigación C7 da Agacal, relacionados coa produción de alimentos seguros e saudables.
Na xornada participarán Verónica Gómez e Carmen Calvo, do CIAM-Agacal; Antonio Montenegro e Santiago Martínez, da Subdirección Xeral de Gandería da Xunta; Ignacio Arnaiz, do Laboratoruio de Sanidade Animal de Mabegondo; Margot García, da ADSG Terra do Queixo e Isabel Díaz, da ADSG Boimorto.
Nos relatorios tratarase a resistencia aos antimicrobianos; analizarase o concepto one health, o uso responsable dos antibióticos veterinarios e o control das enfermidades BVD e IBR nas ADSG; exporanse as funcións da Oficina Agraria Virtual; haberá un espazo dedicado á EHE e, por último, unha mesa redonda arredor dos aspectos tratados nas charlas.
Neste evento colaboran co CIAM-Agacal a Subdirección Xeral de Gandería, a ADSG Boimorto e a ADSG Terras do Queixo.