Calfensa acollerá este mércores 19 de setembro nas súas instalacións de Santa Comba (Lugo) unha charla informativa organizada polo Grupo Operativo de Agrocompostaxe co obxectivo de concienciar, divulgar e concretar proxectos relacionados coa agrocompostaxe.
No Grupo Operativo de Agrocompostaxe participan diversas organizacións de todo o estado, entre as que se atopa Calfensa. O obxectivo é poñer en contacto a distintos axentes para que realicen un traballo en común. Por unha parte, os concellos, implicados na recollida de residuos, e, por outra, os titulares de explotacións agrarias e gandeiras que reciban e xestionen a materia orgánica para usala posteriormente nas súas propias explotacións, recibindo, a maiores, unha remuneración por esa actividade.
A charla dará comezo ás 18.00 horas na sala de xuntas de Calfensa Proyectos SL, situada no km 2 da estrada LU-546, á altura de Santa Comba.
Máis información, aquí