07-03-2025
O vindeiro sábado 15 de marzo terá lugar en Chantada a primeira poxa de frisón do ano na provincia de Lugo, organizada por Africor Lugo, o Concello de Chantada e a Cooperativa Aira. A venda de animais comezará ás 12:00 h no mercado gandeiro da localidade.
Desde Africor Lugo destacan as seguintes vantaxes:
- Para os vendedores:
- Poxas publicitadas
- O venres van buscar o animal e o sábado cobrar a poxa, Africor encargase de realizar as probas sanitarias, pelar e coidar os animais na feira.
- Valorización do traballo de selección, presentación dos datos xenealóxicos
- Animais lavados e pelados para potenciar a súa morfoloxía.
- Concentración de compradores
- Publicidade para a gandería
- Para os compradores:
- Concentración da oferta
- Garantías sanitarias
- Animais procedentes de explotacións cercanas
- Información xenealóxica completa
- Transporte gratuíto para as ganderías da provincia de Lugo
- Doses gratuítas por xentileza de Xenética Fontao