Vaca Pinta, a revista técnica do vacún leiteiro, certifica de maneira oficial a súa tirada correspondente a 2024. Trátase do sétimo ano consecutivo que acreditamos a nosa tirada e en 2024 o informe rexistra unha media de 15.507 exemplares por número, que se distribúen entre gandeiros, veterinarios, técnicos, casas comerciais e demais profesionais do sector vacún leiteiro de España e Portugal tanto por correo postal como a través de asociacións e cooperativas coa que colaboramos. A entidad oficial encargada de realizar as auditorías de audiencia OJD (para medios de pago) e PGD (para medios gratuitos) é Información y Control de Publicaciones SA.
Actualmente, somos a única revista do sector agrogandeiro que certifica a súa tirada.
VACA PINTA, EN NÚMEROS
Edición impresa da revista: 15.507 exemplares de media por número en 2024
Páxina web (vacapinta.com): 27.967 usuarios únicos ao mes con 80.547 visitas por mes (2024)
Facebook (@revistavacapinta): 29.145 seguidores
Instagram (@revistavacapinta_): 11.631 seguidores
YouTube (Vaca TV - Transmedia): 4.950 suscriptores
Linkedin (Revista Vaca Pinta): 5.605 seguidores
Reproducións de vídeo: 1.081.074 durante 2024
Newsletter: envío bimensual a máis de 2.000 personas