Preto de 40 animais poxaranse esta fin de semana en Galicia

Preto de 40 animais poxaranse esta fin de semana en Galicia

O municipio lucense de Friol e o coruñés de Santa Comba celebran esta fin de semana as súas poxas de gando con case corenta animais ofrecidos. Todos contan coas pertinentes garantías sanitarias e a maioría son vacas de primeiro parto.

O sábado organízase en Friol a 3.ª edición da súa poxa, baixo a dirección de Africor Lugo en colaboración co Concello friolés. O evento comezará ás 12:00 h no mercado gandeiro da localidade. Está previsto que se presenten 16 exemplares, cinco xovencas e once vacas paridas.

O domingo desenvolverase en Santa Comba a 23.ª edición da súa poxa, coa coordinación de Africor Coruña e o Concello santacombés. O acto celebrarase a partir das 11:00 h no recinto feiral. Serán ofrecidos 19 animais, a maioría vacas de primeiro parto, que proceden de nove ganderías coruñesas.

Consulta o catálogo da 3.ª poxa de Friol

Consulta o catálogo da 23.ª poxa de Santa Comba