Celebrada a poxa de gando frisón en Ordes

O Mesón do Vento, de Ordes, acolleu esta mañá a II Poxa de Gando Frisón de Ordes, organizada por Africor Coruña e o Concello de Ordes.

Dos 10 animais postos á venda, deuse saída a 8 e SAT_Lavandeira Saloon 7077, de SAT Lavandeira, foi a que alcanzou o prezo máis alto: SAT Ganadería O Salgueiro adquiriuna por 3.100 euros. O volume total de negocio chegou aos 18.750 euros e a media foi de 2.344 euros.

Listado completo