Casa Nueva arrasa en Gordexola

Casa Nueva arrasa en Gordexola

Este domingo 1 de decembro celebrouse en Gordexola (Biscaia) o XVIII Concurso Provincial da Raza Frisona, no que o xuíz catalán Quim Sabrià deu a palmada da vitoria a Casa Nueva Chelios Jana, da gandería Casa Nueva, de Karratza.

Esta mesma gandería logrou alzarse co título de xovenca gran campiona, con Casa Nueva Doorman Alicia; co de vaca gran campiona reserva, con Casa Nueva Sneaker Vanessa ET; co de mellor ubre, con Casa Nueva Chelios Jana, e co de mellor gandería.

Foto: Irene Arnaiz