O Concello de Llanera acaba de comunicar que todos os actos da Feira de San Isidro aprázanse para o ano 2021 como consecuencia da situación provocada pola crise do coronavirus e as condicións fixadas polo estado de alarma.
Desde o Concello consideran que”a cancelación da Feira suporá un importante agravio para o sector gandeiro, xa que este tipo de eventos son unha ferramenta fundamental para dar movemento e saída ao gando. A suspensión dunha das feiras de compra-venda máis importantes do norte de España significará un importante dano para o sector e por iso todos os grupos políticos no Concello de Llanera acordamos destinar unha gran parte do gasto que tería a organización da Feira de San Isidro en novas accións que permitan paliar eses efectos negativos”.
Neste sentido, xa están a elaborar unhas bases que rexan a convocatoria dunhas subvencións para explotacións do sector primario con domicilio no municipio e cuxa contía total será de 50.000 euros. “Aínda que sabemos que esta medida non aliviará plenamente as nefastas consecuencias desta crise, si suporán unha pequena inxección a un sector que entendemos básico para a economía”, destacan desde o Concello.
Por último, adiantan o seu compromiso de que xa comezarán a traballar na cita do próximo ano. “Realizaremos o esforzo que sexa necesario para celebrar unha Feira de Gando máis forte, ao servizo das nosas ganderías, e manténdoa como a Feira de referencia no norte de España”, finalizan.