Blanco Purriños, reelixido presidente de CLUN

O novo consello reitor de Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN) volverá contar na súa presidencia con José Ángel Blanco Purriños, logo de que este fose reelixido co 86 % dos votos. Así mesmo, durante os próximos catro anos, a cúpula estará integrada por nove membros, todos eles socios gandeiros, mentres que a vicepresidencia estará ocupada por Carmen Rodríguez e Pablo Costoya repetirá como secretario.

Tal e como explicaron desde a cooperativa, a estrutura do novo consello (o anterior contaba con 28 conselleiros) responde a un modelo que busca  gañar en axilidade na toma de decisións e en eficiencia nos procesos. Apoiaranse, ademais, nunha serie de comisións técnicas especializadas co obxectivo de lograr un maior achegamento ao socio a través de reunións periódicas que permitirán unha comunicación máis áxil e eficiente.