Do 7 ao 8 de marzo Berlín acollerá a primeira edición da Conferencia Europea de Xatas (ECC), a cal se dirixe a granxas leiteiras profesionais e a criadores de xatas de toda Europa.
O evento contará con conferencias, debates, talleres e unha exposición centrada na cría de xatas. Ademais, analizaranse os últimos descubrimentos científicos e solucións prácticas en relación con este campo e incentivarase o intercambio de coñecemento e a creación de redes de contacto entre profesionais do sector.
O programa provisional xa se atopa dispoñible na súa páxina web