A II Poxa de Elite de Gando Frisón, promovida polo Concello de Curtis e organizada por Embriomarket, celebrouse o día 18 de febreiro nas instalacións do recinto feiral desta localidade coruñesa.
A segunda edición desta poxa, que doblou o número de frisonas participantes con respecto ao ano pasado, concluiu cun balance moi positivo ao vender todos os animais postos á venda e lograr un total de 60.600 euros en transaccións económicas.
Os gandeiros interesados en facerse con algún dos animais xogaron co estímulo de contar cos portes e os traslados ás explotacións compradoras pagados e cun desconto en todas as femias adquiridas dun 20 % nunha recollida de embrións.
O precio medio acadado entre os 21 lotes, entre xatas, xovencas, vacas en lactación e touros, chegou aos 2.885 euros. A máis cotizada foi Baixo Jetset Silly, con máis de 10 xeracións MB ou EX no seu pedigree, vendida por 10.300 euros á gandería Pena Guisande, de O Páramo (Lugo).