Megatola é unha das frisonas que se poxarán o vindeiro 11 de agosto, a partir das 20:00 h, no recinto feiral da localidade asturiana de LLanera durante a 1.ª Poxa de Gando Vacún do municipio, na que contan poñer á venda uns 25 animais.
Con pai Scientific B Defiant ET TL TV TD e nai Badiola Absolute Megatula (MB 87), é unha xata de case dez meses da familia Megate que conta con 10 xeracións MB ou EX con 27 estrelas.