Avelino Souto lidera a nova directiva do Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia

Avelino Souto lidera a nova directiva do Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia

O Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia acaba de facer pública a nova directiva elixida tras as eleccións celebradas o pasado 25 de xuño.

Avelino Souto Rozados é o novo presidente do Clube e estará acompañado por Ismael García Arias, como vicepresidente; María Manteiga Rodríguez, como secretaria; Marcos Rivas López, como vogal, e José Carlos Vega Rodríguez, como vogal-representante de Fefriga.