Anúnciate no taboleiro en liña de vacapinta.com!

Anúnciate no taboleiro en liña de vacapinta.com!

En Vaca Pinta seguimos traballando para ofrecervos produtos novidosos e que respondan as vosas necesidades. Por este motivo, acabamos de lanzar unha nova sección, "Anuncios", que conecta as ofertas e as demandas do sector e na que particulares e empresas poderán publicar as súas ofertas agrogandeiras e buscar produtos que comprar.

QUERES MERCAR?

Entra en vacapinta.com/anuncios e utiliza o menú da esquerda para filtrar os resultados. Dentro de cada unha das ofertas dispoñibles atoparás a información do produto así como un teléfono e/ou mail de contacto do vendedor. Así de sinxelo!

 

QUERES VENDER?

Rexístrate como vendedor. Non che levará máis de dous minutos… e é totalmente gratis!

Unha vez rexistrado, vai ao Menú Persoal que atoparás na parte superior dereita da pantalla e fai clic sobre a opción “Publicar Anuncio”. Enche os campos requiridos, dálle a “Gardar” e, cando terminases coas correccións, envíao para a súa publicación. A continuación, verás unha previsualización do teu anuncio. Se estás conforme co contido, acepta as condicións de publicación e dalle a “Enviar para a súa revisión e publicación” (lembra que unha vez enviado non o poderás modificar!).

Un membro do noso equipo recibirá ao momento unha notificación para revisalo e, se cumpre coas nosas condicións, aparecerá publicado nas horas seguintes na web.

A que esperas? Comeza xa a navegar polos nosos Anuncios!