Os irmáns António e Manuel Raposo destacan como mellores manexadores no XXII Concurso Micaelense de Azores

Os irmáns António e Manuel Raposo destacan como mellores manexadores no XXII Concurso Micaelense de Azores

San Miguel xa vive unha nova edición do XXII Concurso Micaelense da Raza Holstein Frisia das Azores, organizado pola Associação Agrícola de São Miguel no recinto feiral de Santana.

A competición arrincou este venres coa elección dos mellores manexadores, unha das primeiras citas do programa, na que António Raposo e Manuel Raposo obtiveron os recoñecementos nas categorías de mozos e adultos, respectivamente.

Tras esta primeira proba, o certame continúa coa saída á pista das xatas e xovencas, que completarán a xornada inaugural do concurso.

A actividade retomarase mañá sábado 16 coa valoración das vacas, a partir das 19:00 horas, hora local (20:00 h en Portugal/continente | 21:00 h en España), momento no que tamén se coñecerá a gran campiona desta edición.