Colectivos de veterinarios denuncian o trato desafortunado do programa Malicia Noticias, da CRTVG, sobre o seu papel como profesionais

A Asociación Nacional de Especialistas en Medicina Bovina Española (Anembe) lamenta as desafortunadas declaracións emitidas no capítulo número 81 do programa Malicia Noticias, emitido o pasado día 11 de maio na Televisión de Galicia, sobre o papel do colectivo veterinario na xestión da saúde pública, as zoonosis e as pandemias.

Tanto é así que se puxeron en contacto coa dirección da Corporación de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) para explicar o traballo dun colectivo que implica a profesionais encargados de velar pola saúde de animais e persoas, que  contribuíron significativamente nos traballos de control e erradicación de numerosas zoonosis ao longo dos últimos anos (tuberculoses, febre aftosa, encefalopatía esponxiforme bovina, salmonelosis e brucelose, por citar algunhas) e garantiron a hixiene e salubridade dos alimentos que entran á cadea de consumo humano a través dun labor encomiable en todo o proceso de produción, desde o traballo a pé de granxa ata a supervisión dos restaurantes.

Finalmente, dado o profundo agravio e menosprezo cara ao papel desempeñado por este colectivo por parte da cadea de televisión pública galega, solicitaron unha rectificación e unha restauración pública do bo nome desta profesión durante unha emisión en aberto do devandito programa.

A esta denuncia pública tamén se sumaron outros colectivos de veterinarios como o Colexio Oficial de Veterinarios de Lugo, o cal xa anunciou tamén que presentará unha reclamación para esixir unha desculpa inmediata dos responsables do programa polo trato vexatorio e a falta de respeto que manifestaron á profesión, que de ningunha maneira se debe consentir.

O programa referido nesta ligazón (a partir do minuto 8:27): http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa-81-4406979