Ana Peleteiro, nova imaxe de Únicla

Ana Peleteiro, nova imaxe de Únicla

Leite Únicla acaba de anunciar que a atleta galega Ana Peleteiro se converteu na nova imaxe da marca. Esta mañá, acompañada do presidente, director xeral e outros directivos da cooperativa, formalizaba o acordo de colaboración que a vincula a Únicla ata marzo do ano próximo. A cooperativa confía na deportista de Ribeira para achegar os valores de Únicla ao conxunto da sociedade a través de mensaxes en redes sociais centrados en contar as virtudes deste leite 100% natural, saudable e sustentable desde o punto de vista ambiental e de benestar animal. Co slogan Ana Peleteiro é Únicla, a campaña inclúe tamén a presenza da atleta en citas e eventos de referencia da marca, que traballa para a corresponsabilidade real no cooperativismo e no medio rural.