A comisión organizadora da Mostra Exposición de Muimenta (Moexmu), xa está a traballar para a celebración da 41.ª edición deste evento, que terá lugar os días 4, 5 e 6 de abril de 2025. Na súa última reunión, celebrada o mércores 2 de outubro, foi escollida Ana Iglesias Lozano (Muimenta, 1979) como presidenta desta edición. Esta será a terceira vez que unha muller lidera o equipo organizador da Moexmu, despois de Uxía Rodríguez Crecente en 1998 e Pilar Morán Edrosa en 2013.
A comisión pecha así a sétima rotación de empresarios e empresarias que organizan este evento, unha cita clave para Muimenta e a provincia de Lugo, que cada ano atrae a numerosos profesionais do sector e visitantes interesados na exposición de gando e actividades relacionadas co mundo rural.
Entre as actividades programadas para o próximo ano, no marco da XLI Mostra Exposición de Muimenta, o XXXIX Concurso de Gando Frisón, a XXXIX Exposición de Gando de Raza Rubia Galega e a XXIX Poxa de Gando Selecto