Alumnos de nivel avanzado fórmanse na primeira edición do Diploma en Podoloxía Bovina

Alumnos de nivel avanzado fórmanse na primeira edición do Diploma en Podoloxía Bovina

Un total de 26 alumnos participaron neste diploma específico para os profesionais da saúde podal, organizado conxuntamente pola Universidade Complutense de Madrid e Conafe e que tivo unha duración de 5 días durante o mes de febreiro (3 de contido teórico na facultade de Veterinaria de Madrid e 2 prácticos en ganderías de Trazo, na Coruña).

A parte teórica foi impartida por profesores da Universidade e veterinarios con experiencia en podoloxía bovina, mentres que as prácticas de campo foron avaliadas por dous formadores traídos de Francia exclusivamente para este curso.

Esta primeira edición do Diploma, orientado a alumnos de nivel avanzado e dirixido a podólogos bovinos que xa teñen anos de experiencia, ten como obxectivo achegarlles coñecementos técnicos e certificar a súa experiencia e calidade de traballo como recortadores de pezuñas.