NA GRANXA | AS TRAVESAS AGROPECUARIA (A CORUÑA)

Altas producións a base de benestar animal e satisfacción dos traballadores

O bo ambiente laboral e o traballo en equipo están detrás dos logros produtivos de As Travesas Agropecuaria, un proxecto empresarial posto en marcha en 2005 polos irmáns madrileños Secundino e Jesús Fernández García-Lavín, que actualmente ostenta a segunda posición na clasificación de mellores ganderías por produción da provincia da Coruña.

Podes ver a videorreportaxe na nosa canle de televisión Vaca TV ou clicando sobre estas liñas
E, se o prefires, tamén podes ler a reportaxe escrita publicada en Vaca Pinta 19