Volve ONE: The Alltech Ideas Conference (ONE) do 17 ao 19 de maio, en Lexington, Kentucky, para explorar solucións innovadoras aos desafíos que actualmente se expoñen na cadea global de subministración de alimentos. Nesta ocasión, ONE aproveitará a presenza mundial de Alltech e da súa dimensión empresarial para reunir aos líderes de opinión innovadores do ámbito da agricultura e da gandería, dos negocios, da saúde e do benestar, e dos sectores das destilerías e cervecerías. Así, espérase a asistencia de máis de tres mil persoas chegados de 70 países.
ONE, cos seus campos de interese universal no seo da innovación, da inclusión e da inspiración, convida os heroes cotiáns de distinto sectores da industria a liberar a enerxía e o poder que proveñen das inesgotables e infinitas ideas.
Nesta edición, debateranse máis de 40 temas e, no que respecta ao vacún de leite, destacarán asuntos como o benestar do gando leiteiro, a redución do uso de antibióticos e a xestión dunha explotación leiteira para reducir a incidencia de coxeiras.
A lista completa de temas por especies está dispoñible na súa web.