Aira inaugura a súa sétima tenda comercial Mercarural en Becerreá

Aira inaugura a súa sétima tenda comercial Mercarural en Becerreá

Aira abriu hoxe en Becerreá unha nova superficie comercial con máis de 700 m2 repartidos en espazos destinados a agrotenda, almacén agrario e supermercado. O establecemento, situado na avenida de Madrid da localidade, conta cun cadro de persoal de seis traballadores.

Á inauguración asistiron o alcalde de Becerreá, Manuel Martínez; a xefa territorial da Consellería do Medio Rural, Olga Iglesias; o presidente e o director xeral de Aira, José Manuel Tellado e Daniel Ferreiro, respectivamente, así coma o presidente de Delagro, Javier Taboada, ademais doutros representantes da cooperativa.

As nosas tendas Mercarural están especializadas en produtos profesionais para agricultores e gandeiros. Ademais ofrecen unha ampla gama de artigos destinados a cubrir as necesidades persoais e familiares dun público urbano: xardinería, horta, bricolaxe, mascotas etc.

O obxectivo é ofrecer o máximo número de servizos nunha mesma localización, de forma que socios e clientes poidan acceder comodamente nun único sitio ao almacén, á tenda agraria e ao supermercado coa vantaxe de dispoñer dos produtos máis demandados, con máis de 5.141 referencias.

Con esta apertura, Aira segue alcanzando os compromisos se que marcaron hai menos dun ano, cando se produciu a integración, tales como o de achegar a cooperativa aos socios, abastecéndoos de produtos e servizos que lles dan resposta ás súas necesidades en todas as zonas nas que ten presenza.