Agromuralla pídelles aos concellos que lles rebaixen a presión fiscal ás explotacións

A asociación de gandeiros e gandeiras Agromuralla presentou unha solicitude formal en todos os concellos das provincias de Lugo e A Coruña onde ten asociados para que as corporacións municipais destes municipios acorden unha rebaixa na tributación dos inmobles de natureza rústica e das explotacións agrogandeiras e construcións vinculadas a elas, que permita "aliviar a carga fiscal que soportan as granxas e favorecer a súa viabilidade e competitividade pola vía da redución dos custos de produción". 

A entidade que preside Roberto López lembra que o coñecido como "catastrazo", a actualización dos valores catastrais levados a cabo no ano 2013, "incrementou de xeito considerable os impostos municipais que as explotacións gandeiras pagan a través do IBI". Por iso, reclama Agromuralla, "é necesario que os Concellos arbitren as medidas necesarias para aminorar esta presión fiscal". 

Comunicado oficial