Agromuralla demanda medidas efectivas para garantir un prezo xusto aos produtores de leite

Agromuralla demanda medidas efectivas para garantir un prezo xusto aos produtores de leite

A asociación de gandeiros e gandeiras Agromuralla, nacida tras as tractoradas de finais de 2015, celebrou onte a súa Asemblea Xeral, na que reclamaron "medidas efectivas” por parte das distintas administracións públicas para “garantir a pervivencia e o futuro do sector produtor de leite en Galicia". Así mesmo, a reunión serviu para facer un balance "realista" da situación na que se atopa o sector produtor de leite en Galicia neste momento. 

"En termos xerais, a opinión dos gandeiros é que o panorama está algo mellor que en 2015, aínda que non se deu unha solución definitiva aos distintos problemas que motivaron as tractoradas dese ano e os cambios lexislativos que se produciron desde entón foron moi insuficientes para protexer ao sector", explica Roberto López, presidente de Agromuralla. 

Comunicado oficial de Agromuralla