Agromuralla convoca para o vindeiro martes, 17 de marzo, unha manifestación que discorrerá polas rúas de Lugo en defensa do rural e de prezos xustos para os produtores como a mellor garantía contra o despoboamento e de alimentos de calidade para os consumidores.
O presidente de Agromuralla, Roberto López, dará conta mañá nunha rolda de prensa –que terá lugar na sede da asociación (localizada no número 2 da lucense Avenida das Américas)– de cales son os motivos que levan a esta asociación de gandeiros e gandeiras a convocar esta mobilización. Ademais, explicará cal é a situación concreta do sector neste momento e detallará o percorrido e demais pormenores da marcha, que discorrerá o vindeiro martes, 17 de marzo, polas rúas de Lugo.