AgroCantabria reuniu no seu primeiro foro a 400 técnicos e gandeiros

A localidade cántabra de Hoznayo acolleu este xoves a I Xornada Técnica de Vacún de Leite organizada por AGC AgroCantabria á que acudiron unhas 400 persoas, entre gandeiros e técnicos e directivos de diferentes cooperativas e empresas do sector.

Ángel Miranda, director da división de Servizos Agrogandeiros da cooperativa CLUN resaltou no seu relatorio que “ningún sector gandeiro ha aumentado tanto a súa produtividade na última década como o fixo o vacún de leite. Isto foi, fundamentalmente, grazas ao aumento da eficiencia nas granxas, é dicir, á mellora da relación entre litros producidos por cada quilo de materia seca que come cada vaca, unha cuestión que debe seguir fortalecéndose”.

Pola súa banda, Carlos Martín, responsable técnico de vacún leiteiro da multinacional Cargill, sintetizou a relevancia da nutrición animal ao redor de catro eixos: a relación que a correcta nutrición garda coa calidade das forraxes, a influencia que ten na reprodución, a incidencia que posúe nas calidades de leite e, finalmente, o papel que xoga na saúde das vacas. Martín animou os gandeiros “a modular todas as informacións e a traballar con datos propios e contrastados da súa granxa para coñecer cal é a súa produtividade”.

Finalmente, o profesor titular de Medicina e Cirurxía Animal da Facultade de Veterinaria da Universidade Complutense de Madrid, Juan Vicente González, interveu na xornada para informar os gandeiros de que plantas poden ser tóxicas se son inxeridas polas vacas, como as cebolas, os nabos, as adelfas ou os fentos.

José Ángel Pereda, presidente de AGC AgroCantabria destacou que foros como o que promove a cooperativa permiten “unir o sector para afrontar con garantías os retos e desafíos que marcarán o seu devir futuro, así como adquirir novos coñecementos para estar ao día e buscar sempre o beneficio do sector. Acompañouno durante a inauguración o conselleiro de Desenvolvemento Rural do Goberno de Cantabria, Juan Guillermo Blanco.