Agrocantabria prepara unha xornada técnica de vacún de leite

Agrocantabria prepara unha xornada técnica de vacún de leite

O vindeiro 24 de outubro terá lugar no hotel Villa Pasiega de Hoznayo (Cantabria) a I Xornada Técnica de Vacún de Leite de Agrocantabria, unha iniciativa que esta sociedade cooperativa pon en marcha co obxectivo de enriquecer os coñecementos técnicos e prácticos dos seus socios e, en xeral, dos gandeiros de leite da rexión.

Durante a xornada abordaranse diferentes cuestións relacionadas, principalmente, coa alimentación do gando vacún. Diferentes técnicos de recoñecido prestixio no sector impartirán conferencias e tomarán parte nunha mesa redonda conxunta.

Programa da xornada (PDF)