A sexta edición da feira Agraria, que abrirá as súas portas do 30 de xaneiro ao 2 de febreiro, contará coa participación das máis importantes empresas de maquinaria e servizos para o sector agropuecuario e a incoporación novos contidos e compañías, entre as que se atopan as marcas máis importantes do mercado.
Agraria promove tamén un ciclo de conferencias técnicas que, nesta ocasión, terán como fío condutor “A economía circular na agricultura”, e o concurso de máquinas innovadoras, unha iniciativa coa que se chama a atención sobre aqueles equipos que achegan melloras respecto dos modelos convencionais. O prazo para a presentación de equipos finaliza o 15 de xaneiro.
Entre as novidades desta edición figura Agrotecnológica, un espazo dedicado á presentación de solucións de base tecnolóxica na que participan ao redor de quince empresas especializadas en diferentes segmentos da agricultura de precisión.
O número de expositores participantes supera os 300 e a superficie ocupada incrementouse en mil metros cadrados respecto da convocatoria de 2017, coa incorporación de espazos na praza principal do recinto, ao aire libre, e alcanza os 33.000 metros cadrados.