AGC AgroCantabria presenta a súa nova gama de queixos Lakta

AGC AgroCantabria presenta a súa nova gama de queixos Lakta

A cooperativa ACG AgroCantabria, con sede en Torrelavega, evidencia coa súa nova gama de queixos Lakta –cuxa presentación tivo lugar onte no Gran Casino de Santander– a súa aposta por ofrecer valor engadido ao sector lácteo cántabro.

Os queixos de pastoreo Lakta caracterízanse pola súa tipoloxía madurada e textura semicremosa. Cunha pel fina, branda e cerosa e de pasta prensada compacta, pechada ás veces con pequenos ollos regularmente repartidos, posúen un sabor láctico cun gusto final a nata doce e con notas de froitos secos.

Os queixos Lakta, elaborados por Lácteas IberCantabria, unha empresa do Grupo AGC Agrocantabria, nútrense de leite de pastoreo dunha calidade excepcional, a que se produce en Cantabria procedente de vacas frisonas que se alimentan dos ricos pastos da rexión.

Esta nova gana de queixos vaise comercializar inicialmente no sector da distribución e en tres formatos principais: redondo de tres quilos, baby de medio quilo e de barra de dous quilos. O obxectivo de AgroCantabria é finalizar 2020 cunha produción duns 1.500 toneladas de queixo e xa en 2021 superar as 3.000 toneladas.

Máis información no comunicado de prensa de AgroCantabria