Afrile celebrará a súa VII Xornada Provincial este venres

O vindeiro venres 29 de novembro o restaurante Juanjo, de Palanquinos (León), acollerá a VII Xornada Provincial de Afrile.

Dará comezo ás 12:00 h coa presentación da xornada a cargo do presidente de Afrile, Alfonso Benítez; continuará cos relatorios de Arturo Gómez, de Zinpro, e Gumersindo de la Riera, do Centro Veterinario La Espina, e finalizará cunha mesa de debate moderada por Francisco Javier González, director xerente da Asociación Frisona Andaluza. Tras todo iso, terá lugar unha comida na que se entregarán os premios ás mellores ganderías e reprodutoras da provincia.

Programa