Africor Lugo entregará o próximo 29 de xuño en Lugo os galardóns ás mellores ganderías da provincia, un recoñecemento anual co que a entidade destaca o traballo das explotacións máis sobresaíntes en produción, morfoloxía e índices xenéticos.
Para formar parte desta selección, as ganderías deben situarse entre as cen mellores da provincia en cada un destes apartados, o que reforza o mérito das explotacións distinguidas e pon en valor a súa aposta pola mellora do rabaño, a eficiencia produtiva e a calidade xenética.
Entre as ganderías recoñecidas figuran Casa do Rego, de Láncara; Zorro, Neiras e Agustín, de Sarria; Tendeiro, do Páramo; Varela, de Castroverde; Lodos e Pérez, da Pastoriza; Casanova, de Baleira; Campolongo, de Carballedo, e Casa de Roca, de Guitiriz.
Ademais, Africor Lugo concederá mencións especiais a Rodasinde, do Saviñao, pola maior produción media de leite por vaca, con 16.809 quilos; a Mantoño Holstein, de Barreiros, pola mellor media de cualificación morfolóxica, con 89,13 puntos, e a SAT Agosto Darriba, da Pastoriza, polo mellor índice xenético, cun ICO de 1.190.
|
GANDERÍA |
CONCELLO |
Cualificación morfolóxica |
Produción por vaca |
Índices xenéticos |
|
CASA DO REGO |
LÁNCARA |
83,07 |
15.887 |
1.139 |
|
ZORRO |
SARRIA |
81,66 |
15.447 |
1.155 |
|
NEIRAS |
SARRIA |
82,47 |
14.571 |
1.134 |
|
TENDEIRO |
O PÁRAMO |
81,11 |
14.045 |
1.138 |
|
AGUSTÍN |
SARRIA |
81,04 |
13.626 |
1.156 |
|
VARELA |
CASTROVERDE |
81,45 |
14.180 |
1.131 |
|
LODOS E PÉREZ |
A PASTORIZA |
80,84 |
15.121 |
1.132 |
|
CASANOVA |
BALEIRA |
82,39 |
12.842 |
1.136 |
|
CAMPOLONGO |
CARBALLEDO |
81,17 |
12.794 |
1.127 |
|
CASA DE ROCA |
GUITIRIZ |
80,88 |
12.900 |
1.125 |