Africor Coruña explica as posibles diferenzas entre os datos da Memoria 2018 e os de Fefriga

Africor Coruña explica as posibles diferenzas entre os datos da Memoria 2018 e os de Fefriga

Tras a publicación da Memoria 2018, dende Africor Coruña detectaron certas diferenzas entre os datos publicados pola Asociación e os difundidos pola Federación Frisona Galega (Fefriga) á hora de outorgar as súas distincións honoríficas anuais.

Ambos datos son correctos e a causa destas diferenzas responde a que Africor Coruña, ao igual que o resto das Africores de Galicia, contempla todos os animais do establo para a obtención dos seus datos, mentras que Fefriga só considera os animais rexistrados no Libro Xenealóxico.