Adxudicados 19 animais na poxa de Mazaricos

A XIII Poxa de Gando Frisón, memorial José Moreira, celebrada está mañá na Picota deulles saída os 19 animais  presentados. O prezo máis alto foi para Cundins Adela Sillian e Cundisn Cristel Byway ET, presentadas pola la gandería Cunordam, S.C. de Zas. Foi adquirida por a granxa Riveiro de Vimianzo (A Coruña) por 3.150 euros. O importe total das vendas foi de 48.150 euros, cun importe medio de 2.534 euros. O evento está organizado polo Concello de Mazaricos, Africor Coruña e Gandeiros de Mazaricos.

Durante a celebración de poxa rendéuselle unha emotiva homenaxe ao que fose director técnico de Africor Coruña, José Moreira.