Adxudicados 19 animais na poxa de Mazaricos

Adxudicados 19 animais na poxa de Mazaricos

A XII Poxa de Gando Frisón celebrada está mañá na Picota deulles saída a 19 animais dos 20 presentados. O prezo máis alto foi para Cundins Sheira Megasire, presentada por a gandería Cunordam, S.C. de Zas. Foi adquirida por a gandería Busto Corzón , de Mazaricos, por 3.250 euros. O importe total das vendas foi de 43.300 euros, cun importe medio de 2.279 euros. O evento está organizado polo Concello de Mazaricos, Africor Coruña e Gandeiros de Mazaricos.

Resultados da poxa

Foto: Xoán Ramón Alvite