O 2 de xaneiro de 2019 as instalacións de Naturleite en Meira comezaban a elaborar tres referencias clásicas de leite para a marca Hacendado, de Mercadona. Tras dez meses de traballo intenso en equipo, unha selección cualitativa das granxas provedoras e unha procura constante de calidade diaria esperan pechar o ano coa fabricación de dez produtos. Antonio Larrea, director xeral da entidade, desvélanos na revista Vaca Pinta 13 as claves do éxito e como foi este proceso.