O mércores 4 de marzo de 2026 a Facultade de Veterinaria de Lugo acollerá unha nova edición da Xornada Africor Lugo-Vaca Pinta, organizada por Africor Lugo e Vaca Pinta, con asistencia libre e gratuíta.
Tras o éxito de convocatorias anteriores, o encontro volve reunir o sector cun programa centrado en cuestións prácticas e de máxima actualidade para as explotacións de vacún. Ao longo da mañá trataranse temas como a evolución do seguro de vacún en Galicia, o papel da vacinación no control da mamite e estratexias para avanzar “do problema ao control” fronte ao Cryptosporidium, unha das preocupacións sanitarias máis habituais na granxa.
A xornada tamén reservará un espazo para analizar o deseño de instalacións adaptadas ao robot de muxido, nun contexto no que a automatización gaña peso na toma de decisións de investimento e manexo. Antes da pausa do mediodía, o programa incluirá ademais a presentación do libro A guerra pola proteína animal, a cargo dos seus autores.
Pola tarde, o foco trasladarase á remuda xeracional, coa exposición dun proxecto específico para fomentarlo e un panel final de experiencias en primeira persoa, no que mozos incorporados compartirán a súa visión, retos e aprendizaxes no proceso de incorporación.
Programa
10.15 h | Seguro de vacún en Galicia. Unha mellora constante — José Bernardo
10.45 h | O papel da vacinación no control da mamite — Patricia de Celis
11.30 h | Pausa para ocafé
12.00 h | Do crebacabezas ao control: gañando a batalla ao Cryptosporidium — Laura Elvira
12.30 h | Diseño de instalacións para robot de muxido — Alberto Jurado
13.00 h | Presentación do libro La guerra por la proteína animal — Manuel Pimentel e Juan Pascual
13:30 h | Presentación e entrega de premios aos mellores TFG sobre vacún
14.00 h | Xantar
15.30 h | Proxecto para fomentar a remuda xeracional de Campoastur — Rubén López
16.15 h | Panel de experiencias sobre incorporación de mozos: Pablo Rodríguez (Ganadería Xuíz, Bóveda), Laura Camiño (Ganadería Castelo, A Pastoriza), Alberto Cascudo (Finca Carballeira, Castroverde), María Castro (Ganadería Portalousa, Xermade) e Mónica Requeijo (As Vacas dos Meus, Abadín).
Modera: Luís García (EFA Fonteboa)