13-05-2025
A Escola de Industrias Lácteas de Zamora (Eilza) acaba de anunciar a celebración dun curso gratuíto de elaboración de queixos na localidade de Fresno de la Ribera (Zamora).
Esta formación, dirixida a persoas empadroadas en Castela e León, terá unha duración total de 50 horas presenciais e desenvolverase entre os días 23 de xuño e 4 de xullo, en horario de 9:30 h a 14:30 h.
O programa, que podes consultar nesta ligazón, mantén como obxectivo adquirir coñecementos dos aspectos esenciais da composición e características do leite, os controis de calidade, a hixiene, e os tratamentos e procesos propios da fabricación dos distintos tipos de queixos.
O prazo de inscricións está aberto ata o vindeiro 16 de xuño.