O próximo 17 de outubro a Sala de Xuntas da Facultade de Veterinaria de Lugo acollerá desde as 10:30 h ás 13:30 h da mañá o Seminario sobre vacún leiteiro en pastoreo e uso de novas tecnoloxías.
Contará co relatorio da doutora Eva Spörndly, da Universidade Sueca de Ciencias Agrarias (SLU), que exporá a súa experiencia e traballo de investigación sobre o uso de robots de ordeño e pastoreo.
Aida Xercavins e Aranzazu Varvaró, do Instituto de Investigación en Tecnoloxía Agroalimentaria (IRTA), farán un breve repaso das tecnoloxías existentes para o seu uso en pastoreo e como poden ser de utilidade. Xan Pouliquen, asesor da empresa Xestión Agrogandeira e Natureza SL, abordará distintas técnicas de pastoreo e os erros máis comúns de manexo. Finalmente, haberá un tempo de debate e discusión, onde tamén poderán expresarse preguntas sobre calquera dos puntos tratados.
O seminario é gratuíto, pero é necesaria inscrición previa a través do link dispoñible neste programa.