AGROSEMANA 2019

M&S Jordy Adya, gran campiona portuguesa de xatas e xovencas

M&S Jordy Adya, gran campiona portuguesa de xatas e xovencas

Esta frisona de 12 meses da gandería Matías & Silva (Póvoa de Varzim) acaba de proclamarse gran campiona de xatas e xovencas do 38.º Concurso Nacional da Raza Holstein Frisia de Portugal, que se celebra esta fin de semana no espazo AGROS de Póvoa de Varzim, no marco da sétima edición da AgroSemana. Xulga Thierry Jason (Canadá).