AGROSEMANA 2019

Pereira Byway-MB Stanley 6, nova vaca gran campiona de Portugal

Pereira Byway-MB Stanley 6, nova vaca gran campiona de Portugal

O xuíz Thierry Jaton (Canadá) acaba de palmear o lombo da frisona da imaxe, propiedade da gandaría Vilas Boas & Pereira (Ponte de Lima), converténdoa así na gran campiona do 38.º Concurso Nacional da Raza Holstein Frisia de Portugal, celebrado esta fin de semana no espazo AGROS de Póvoa de Varzim, no marco da sétima edición da AgroSemana. Pereira Byway-MB Stanley 6 participaba na sección de vacas de 30 a 36 meses e foi proclamada anteriormente vaca nova campiona.