Tras promover unha campaña solidaria para a compra de material sanitario, un grupo de gandeiros, veterinarios, funcionarios e outros axentes do sector agrario de Cantabria recadaron ata a data preto de 50.000 euros, que están a ser empregados na compra de diverso material sanitario, en colaboración co Goberno de Cantabria, e que será entregado por fases a diferentes centros hospitalarios da comunidade.
A primeira entrega realizárona no día de onte ao Hospital de Sierrallana, ao que doaron máis de 2.800 kg de material: 8.500 luvas, 4.000 calzas, 1.900 batas, 1.000 litros de produtos desinfectantes, 540 lentes de protección e 36 bovinas de celulosa. Tamén se doaron máis de 100 kg de iogurt e arroz con leite.
O prazo para realizar as doazóns ampliouse e aínda se pode colaborar.
CCC Banco Santander: ES68 0049 6743 112216094975
Titular: AFCA (Plataforma sector primario Cantabria)
Concepto: Plataforma Sector Primario Cantabria
Coordinador: Javier García Campero (617641067)