2.723 euros, prezo medio na poxa de Chantada

Esta mañá celebrouse en Chantada a primeira poxa de gando frisón do ano na provincia de Lugo, organizada por Africor Lugo, o Concello de Chantada e a Cooperativa Aira. O evento contou cunha destacada participación de gandeiros e compradores.

Vendéronse 13 dos 14 animais sacados a pista, cun prezo medio de 2.723 euros. O maior prezo alcanzárono dúas primeirizas presentadas polas ganderías Lacpi e Neiras, de Sarria, cuxo prezo de venda foi de 3.350 euros.

Desde a organización destacaron a boa acollida da poxa, que permitiu poñer en valor a calidade xenética dos animais poxados. Os compradores, pola súa banda, valoraron a concentración da oferta e as garantías sanitarias dos exemplares, así como as vantaxes adicionais, como o transporte gratuíto dentro da provincia de Lugo e as doses ofrecidas por Xenética Fontao.