O índice de prezos dos produtos lácteos fíxase en 4.127 $/tonelada na novena poxa do ano en Fonterra. A cifra supón un lixeiro incremento, do 1,5 % con respecto á última poxa de abril. Despois dun mes á baixa, os prezos volven incrementarse.
Neste escenario, destaca a subida da mozzarella, un 4,7 %, para quedar en 4.010 $/tonelada. Como balance positivo, tamén aparecen o valor medio do leite desnatado en po, un 3,0 % superior, para rexistrar 3.547 $/tonelada, e o leite enteiro en po (+2,2 %).
Pola súa banda, a manteiga descendeu un 2,6 % e sitúase nun valor de 5.525 $/tonelada. Mentres tanto, o cheddar tamén baixou: un 3,6 % e fixou a súa cotización en 4.611 $/tonelada.