Os prezos seguen en aumento en Fonterra na segunda quincena de setembro

Logo das baixadas dos últimos meses, os valores dos lácteos volven tomar impulso en setembro na poxa neozelandesa de Fonterra. O índice global de prezos do comercio de produtos lácteos alcanzou hoxe os 4.072 $/tonelada, cifra que mellora nun 2 %  a anterior poxa e que mantén a tendencia á alza.

O produto cun incremento mais destacado foi o leite enteiro en po, que rexistrou un prezo final de 3.733 $/tonelada (+3,7 %). Tamén é notable a mellora do queixo, que aumenta o seu valor un 2,1 % e acada os 5.147 $/tonelada.

En contrapartida, descenden lixeiramente a manteiga e o leite desnatado o po. A primeira anota un prezo de 5.356 $/tonelada (-0,2 %), mentres que o segundo chega aos 3.547 $/t (0,7 %).

Na análise en retrospectiva é sinalable a equidade entre as cifras de setembro de 2021 e de 2022: os valores mantéñense similares.