Os prezos en Fonterra van cara á estabilización

Malia o contexto económico convulso que afronta o planeta nestes momentos, os prezos en Fonterra non sufriron grandes variacións con respecto ás últimas poxas. O índice global de prezos terminou hoxe nos 4.981 $/tonelada, un 1,0 % menos que na segunda poxa celebrada en marzo. 

Melloraron os seus prezos o queixo e o leite desnatado en po: o primeiro acadou os 6.472 $/t (+2,7 %), mentres que o segundo rexistrou un valor final de 4.599 $/t (+1,0 %).

Baixa o valor do leite enteiro en po un 1,5 %, ata os 4.532 $/tonelada, e tamén o fai o da manteiga, un 0,6 %, ata os 6.891 %/t. 

A comparativa con respecto ao ano pasado segue sendo moi destacable: as cifras estaban case un punto por baixo das de 2022. Así, na primeira poxa de abril de 2021 falabamos dun prezo medio de 4.081 $/tonelada, co leite enteiro en po roldando os 4.000 $/t, o leite desnatado en po anotando 3.367 $/t, a manteiga nunha media de 5.776 $/t e o queixo rozando os 4.400 $/t.