Tras o descenso da última poxa (o primeiro en catro meses), hoxe os prezos volveron a subir en Fonterra que, ao peche rexistrou un incremento do 0,3 % no índice global de prezos do comercio de produtos lácteos, e sobe así ata os 4.081 $/tonelada.
Os datos máis significativos de xornada déronos o queixo e a manteiga, que soben un 2,2 %, ata os 4.393 $/t, e un 2,0 %, ata os 5.776 $/t, respectivamente. Tamén sobe lixeiramente o leite semidesnatado en po (+0,6 %) ata os 3.367 $/t. Pola súa banda, o leite enteiro en po mantense sen cambios.