FrieslandCampina sitúa o prezo do leite para xullo en 44,96 €/100 kg

FrieslandCampina sitúa o prezo do leite para xullo en 44,96 €/100 kg

A industria láctea de Holanda FrieslandCampina anunciou unha baixada de 0,25 €/100 kg no prezo garantido do leite para o mes de xullo, que queda en 41,25 €/100 kg. O prezo integral fíxase en 44,96 €/100 kg. Esta diminución reflicte a proabilidade de que os prezos do leite nas empresas de referencia do noroeste de Europa baixen lixeiramente no vindeiro período.

No desglose do prezo para este mes, o garantido sitúase en 41,25 €/100 kg, ao que se suman 4,00 €/100 kg de prima máxima Foqus planet e 0,50 €/100 kg de bono por cantidade. A estes importes réstanselles 0,60 €/100 kg do cargo Foqus planet e 0,19 €/100 kg de custos fixos, o que dá como resultado un prezo integral de 44,96 €/100 kg para o leite convencional.

O valor dos compoñentes do leite para xullo fíxase en 575,96 euros para a proteína e 460,77 euros para a graxa por cada 100 quilogramos de leite. O cálculo realízase cunha relación fixa 5:4 entre proteína e graxa e sobre un leite estándar con 3,57 % de proteína e 4,49 % de graxa, sen IVE, para unha subministración media anual de 1.000.000 de quilos.