FrieslandCampina incrementa o prezo do leite para agosto

FrieslandCampina incrementa o prezo do leite para agosto

A industria láctea holandesa FrieslandCampina comunicou unha suba de 1,25 €/100 kg no prezo garantido do leite para o mes de agosto, que ascende a 46,21 €/100 kg

Na desagregación do prezo para este mes, o garantido sitúase en 42,50 €/100 kg, ao que se suman 4,00 €/100 kg de prima máxima Foqus planet e 0,50 €/100 kg de bonificación por cantidade. A estes importes réstanse 0,60 €/100 kg do cargo Foqus planet e 0,19 €/100 kg de custos fixos, o que dá como resultado un prezo integral de 46,21 €/100 kg para o leite convencional.

O valor dos compoñentes do leite para agosto fíxase en 593,41 euros para a proteína e 474,73 euros para a graxa por cada 100 quilogramos de leite. O cálculo realízase cunha relación fixa 5:4 entre proteína e graxa e sobre un leite estándar con 3,57 % de proteína e 4,49 % de graxa, sen IVE, para unha subministración media anual de 1.000.000 de quilos.