O valor medio dos lácteos en Fonterra mantense esta segunda quincena de outubro en 3.529 €/tonelada

O valor medio dos lácteos en Fonterra mantense esta segunda quincena de outubro en 3.529 €/tonelada

A segunda poxa de Fonterra neste mes de outubro logrou manter bastante ben os prezos rexistrados nas anteriores poxas. O índice global de prezos do comercio de produtos lácteos experimentou un pequeno axuste á baixa do -0,3 % e mantivo a media nos 3.529 €/tonelada.

É destacable o incremento do prezo medio do queixo cheddar, produto que rexistrou un ascenso importante do seu valor nun 4,2 % ata acadar os 4.308 €/tonelada. Pola súa banda, a mozzarella foi o produto que experimentou un descenso maior (-8,2 %) ata chegar aos 4.177 €/tonelada.

Por último, a manteiga anotou unha media de 5.951 €/tonelada (-0,3 %), o leite en po enteiro mantívose nos 3.255 €/tonelada e o leite en po desnatado logrou situarse en 2.515 €/tonelada (-1,8 %).