O Observatorio Europeo do Mercado do Leite publica o informe completo de prezos de 2021

O Observatorio Europeo do Mercado do Leite fixo públicos os datos relativos aos prezos medios de venda do leite cru nas explotacións agrícolas dos países membros da Unión Europea durante o mes de decembro de 2021, os cales reflicten unha melloría global en comparación co mes anterior. Soben especialmente os prezos o  leite enteiro en po (+3,6 %) e de o leite desnatado en po (+3,5 %) ata os 4,53 €/kg e os 3,63 €/kg, respectivamente. Destaca, así mesmo, a melloría do valor do queixo, que acada os 3,62 €/kg (+3,3 %), e está ademais á alza a manteiga, que chega aos 5,95 €/kg (+1,8 %).

O informe tamén reflicte o continuo aumento dos custos, que son uns 3 % superiores ao período anterior. 

No que se refire á valoración xeral da evolución da situación dos lácteos durante 2021, sinala este estudo que o descenso na produción de lácteos foi irregular e bastante xeneralizada. A produción de leite enteiro en po descendeu un 12,1 %, a do leite desnatado o po reduciuse un 6,2 % e a da manteiga baixou un 2,7 %. En contrapartida, aumentou lixeiramente a produción de queixos (1,9 %) e de nata (2,7 %).